Pontevedra, 27/02/10
Na memoria do meu Pai.
PAI
Pai querido pai, afastado e achegado
Querido, sempre, polo de antes
E polo de agora, sempre, Pai meu
Ausente da vida amada,
Arrincado polo tempo vivido
Foi aquel barco que marchou,
Por, sempre, dende o derradeiro
Peiaro de pedra; bágoas caíanme
Faciana baixa, bágoa fría,
Cabeza caída, laio
E pensamento difuso
Saquei do pucho longo e estreito
Un pano branco, díxenche,
Adeus meu Pai, e chorei
Coma a choiva, saia, sen parar,
Dos meus ollos vermellos,
Cansos do continuo pranto.
Chámame, sempre, a túa eterna
Lembranza, intres ledos ou
A dureza do vivido contigo,
Aquela vida doente
Quitando o proveito debido,
Da ledicia marvillosa
E da dor tremenda
E voltar a sorrir cando merece.
Pai, que habitas no meu corazón
Fondo interior, onde agáchese
Un sentimento fondo
Neste pequeno lugar segredo
Onde a memoria non morre,
Vexo a túa figura a teu sorriso
Grande tinas
As túas ganas de silenciar
A dor que remataba cós intres ledos
Ausencia grande, ausencia de tí
Dor da inexistancia, non estás
Da feito físico, mais estás conmigo
Lei da vida, dor que queima lento
Momentos para pensar dabondo
En ti, Pai, nos teus boms intres,
Na túa forma de querer, constante
No bom exemplo dado
Que quixécheme agasallar,
Habito nas túas lembranzas
Vida pasada que non morre.
Canto agarimo décheme
De neno e grande, sempre.
Soubeche afrontar a dureza
E o sofrimento con valentía.
Pai, aínda lémbrome de tí,
Cando eu era un cativo fraco
De cabelo loiro cáseque branco
Deciamos, cando era un meniño
La petite bete, qui monte et monte,
A pequena mosca que sobía e sobía
E faciásme corochas na miña fraca
Barriga plana e branquiña dabondo.
Por outra banda, meu Pai
Que bonito era escoitar o bruar
Do vento forte na finca achegada
O son constante dos pinos grandes
E fantásticos eucaliptos,
Insolentes e dobrados
Sombras nocturnas
Pola fortaleza dun Sur invernal
Eu metidillo na pequena camiña
Camastro insignificante
Neno pequeniño, pouquiña cousa,
A quen chamabamos a cama turca
Namentras ti coidabas,
Agarimosamente.
Un cadeliño boxer chato
E de naris negra
Ao que chamáche Rons.
As túas viaxes polas estradas
Afastadas do progreso futuro.
A túa paciencia considerable
O teu enfado explosivo
Unha bomba emocional
Que non facía mal.
E así Pai querido a vida
Foi pasando, como se nada
Pasara, por eso a fonte
Histórica dunha memoria personal
É algo, que marchará,
Cando a hora me chame
E así pódese decir
Que uns están de necemento
Outras van facer
A súa derradeira viaxe.
Punto de saída, quen sabe
Rumbo ao descoñecido