domingo, 7 de marzo de 2010

PAI

         Pontevedra, 27/02/10
 
                                      
                                                        
                           Na memoria do meu Pai.
 
 
 
 
                                     PAI
 
 
Pai querido pai, afastado e achegado
 
Querido, sempre, polo de antes
 
E polo de agora, sempre, Pai meu
 
Ausente da vida amada,
 
Arrincado polo tempo vivido
 
Foi aquel barco que marchou,
 
Por, sempre, dende o derradeiro
 
Peiaro de pedra; bágoas caíanme
 
Faciana baixa, bágoa fría,
 
Cabeza caída, laio
 
E pensamento difuso
 
Saquei do pucho longo e estreito
 
Un pano branco, díxenche,
 
Adeus meu Pai, e chorei
 
Coma a choiva, saia, sen parar,
 
Dos meus ollos vermellos,
 
Cansos do continuo pranto.
 
Chámame, sempre, a túa eterna
 
Lembranza, intres ledos ou
 
A dureza do vivido contigo,
 
Aquela vida doente
 
Quitando o proveito debido,
 
Da ledicia marvillosa
 
E da dor tremenda
 
E voltar a sorrir cando merece.
 
Pai, que habitas no meu corazón
 
Fondo interior, onde agáchese
 
Un sentimento fondo
 
Neste pequeno lugar segredo
 
Onde a memoria non morre,
 
Vexo a túa figura a teu sorriso
 
Grande tinas
 
As túas ganas de silenciar
 
A dor que remataba cós intres ledos
 
Ausencia grande, ausencia de tí
 
Dor da inexistancia, non estás
 
Da feito físico,  mais estás conmigo
 
Lei da vida, dor que queima lento
 
Momentos para pensar dabondo
 
En ti, Pai, nos teus boms intres,
 
Na túa forma de querer, constante
 
No bom exemplo dado
 
Que quixécheme agasallar,
 
Habito nas túas lembranzas
 
Vida pasada que non morre.
 
Canto agarimo décheme
 
De neno e grande, sempre.
 
Soubeche afrontar a dureza
 
E o sofrimento con valentía.
 
Pai, aínda lémbrome  de tí,
 
Cando eu era un cativo fraco
 
De cabelo loiro cáseque branco
 
Deciamos, cando era un meniño
 
La petite bete, qui monte et monte,
 
A pequena mosca que sobía e sobía
 
E faciásme corochas na  miña fraca
 
Barriga plana e branquiña dabondo.
 
Por outra banda, meu Pai
 
Que bonito era escoitar o bruar
 
Do vento forte na finca achegada
 
O son constante dos pinos grandes
 
E fantásticos eucaliptos,
 
Insolentes e dobrados
 
Sombras nocturnas
 
Pola fortaleza dun Sur invernal
 
Eu metidillo na pequena camiña
 
Camastro insignificante
 
Neno pequeniño, pouquiña cousa,
 
A quen chamabamos a cama turca
 
Namentras ti coidabas,
 
Agarimosamente.
 
Un cadeliño  boxer chato
 
E de naris negra
 
Ao que chamáche Rons.
 
 
As túas viaxes polas  estradas
 
Afastadas do progreso futuro.
 
A túa paciencia considerable
 
O teu enfado explosivo
 
Unha bomba emocional
 
Que non facía mal.
 
E así Pai querido a vida
 
Foi pasando, como se nada
 
Pasara, por eso  a fonte
 
Histórica dunha memoria personal
 
É algo, que marchará,
 
Cando a hora me chame
 
E así pódese decir
 
Que uns están de necemento
 
Outras van facer
 
A súa derradeira viaxe.
 
Punto de saída, quen sabe
 
Rumbo ao descoñecido

No hay comentarios: