POR NÓS
ADEUS JOSÉ ÁNGEL.
Para tí José Ángel e para ós teus.
Coma se o feito de marcharme,
fixera en min a necesidade comunicativa.
Coma dicir adeus, sen realmente querelo.
Coma a absurda irrealidade que me embarga.
Coma a necesidade máis estúpida que me asulaga.
Cantos días de gratitude inmensa,
Canta derroche de gratitude,
Cantas ansias de tranquilidade.
Días de vento forte,
Choiva intensa,
Facían días limpos mais con
Fondas cortinas de auga fría.
Corría detrás deles e delas,
Para así non se mollar,
Os diminutitos pes de cativiño doce
Ou de fantástica cativiña
Intentaban xogar cun adulto perseguidor,
A súa expontaneidade deliciosa,
Os máxicos rizos de Gisela maravillosa,
Namentra Ivansiño, de forma torpe,
Facía o papansiño.
Josiño estaba metido dentro de se mesmo,
E de súpeto unha explosón indefinida,
Faciálle correr a todo velocidade,
O Hall da entrada amplia,
Camiño da sá dos profesores/as,
Somentes para se tirares
No cómodo sofá grisáceo.
Toda unha maxia perfecta
En perfecto desorden
Pero cun amor tenro e pacífico.
O amor enteiro que grande é;
Canto amor íntegro
Teriamos que dar, día a día,
E clase por clase.
Coñecemento concreto
Diversificación de coñecementos
E canto amor íntegro pola hora gañada.
Que maxia máis perfecto significa
Ser neno ou neno,
Cantas horas das nosas vidas enteiras,
Ensinando a aquel que está a aprender.
Canta paciencia constante,
Canta constancia permanente.
Cantos berros inútiles,
Candos consellos agarimosos.
Días de Sol intenso,
Nun recreo pequecho e feliz,
A derradeira hora da mañá.
Xa fica pouco,
De canto en vez miro o reloxo imparable,
Fito a miña atención en Josiño,
Josiño non está a vista,
Comeza o rebusco atento,
E alí o está tranquiliño
Cun cara doce e sorrinte
As clases do teacher, eran, one, two,
As cores máis elementais
Os nomes dos animales domésticos,
As cancións maravillosas
Os Super Libros de fermosas cores,
O protestón de Christiam enfurruñado,
Que parece ir mellorando con o permiso de Don
Tempo Longo.
David e as súas liortas, as súas contrariedades,
Os seus fracasos e as súas pequenas delicias.
Miguel Lobeira perfecto artista
No saber levar a un neno sufridor,
Tantos anos, mais lémbrome do bon,
Daquelo que valeu a pena,
Do amor merecido,
Dos meus amigos escritores,
Dos sorrisos perfectos,
Que eran sinceiros e verdadeiros.
Por todos os días vividos con todos vós,
Polos días aqueles do mes de maio quente,
Que iamos a Carballido,
Pola excursión a A Coruña,
Polo Mundo dos Planetas,
Polo Aquarium perfecto.
Polo Grove, no catamarán branco,
Paseando a choiva intensa
Pola Ría de Arousa fermosa.
Polo Lago de Castiñeiras,
Tranquilo e pacífico,
Por todos os nosos nenos e nenas,
Habitantes temporais deste colexio,
Que agora abandono,
E por todos nós,
Por todos aqueles que sabemos,
O verdadeiro significado do verbo amar.
Miguel Dubois.
No hay comentarios:
Publicar un comentario